A comezos da década dos oitenta
Santiago de Compostela vive unha época de esplendor no ámbito
universitario; rexístrase un continuo incremento no número
de titulacións ofertadas, melloran as infraestructuras e
desenvólvense novas iniciativas culturais. Decenas de milleiros
de estudiantes procedentes dos máis dispares puntos da xeografía
española e do estranxeiro desprázanse a estudiar a
Santiago, enchendo de día e de noite as rúas desta
fermosa cidade.
É neste contexto, cando a Familia Román Ulloa decide
crear Casa Román, unha empresa
que ten como obxectivo dende o primeiro momento, cubri-las necesidades
dunha poboación estudiantil que cada día demanda maior
calidade e comodidade no aloxamento e na comida. Vivir coma na casa,
pero fóra da casa, dispoñendo de todo o necesario
para só se preocuparen dos estudios e gozaren do tempo de
ocio, sen ter que limpar, comprar nin cociñar. Casa Román conta para isto coas
instalacións do seu restaurante e unha rede de residencias
e apartamentos emprazados no corazón do ensanche compostelán.
Profesionais do mundo da hostalería encárganse do
seu mantemento e limpeza.
Este esforzo vese recompensado cun continuo e sostido crecemento,
de maneira que a oferta inicial de 16 prazas se incrementou ata
as 300 actuais e, o que é máis importante, conta cunha
clientela satisfeita e un recoñecido prestixio dentro do
ámbito no que desenvolve a súa actividade, as mellores
probas do traballo ben feito.